¡Benvido a MagicBox 16!
O proxecto MagicBox está construido sobre as ideas consagradas na filosofía MagicBox: que o software debe estar dispoñible de forma gratuita, que as ferramentas de sofware se deben poder utilizar pola xente no seu idioma local, e que a xente debe ter a liberdade de personalizar e modificar o seu software en todo o que precise.
Obter axuda para MagicBox:
Hai varios xeitos de conseguir axuda para MagicBox.
Entrar nas guías de MagicBox e na documentación seleccionando "Axuda" no menú Sistema. Tamén pode atopar axuda no sitio oficial de documentación de MagicBox e na documentación proporcionada pola comunidade.
Se prefire un pouco de contacto humano, pode utilizar as listas de correo, os foros web, ou conversar coa comunidade na canle #magicbox do IRC Freenode.
Tamén pode obter soporte comercial.
Participe en MagicBox:
A comunidade MagicBox está composta por desenvolvedores de software, escritores de documentación, tradutores, artistas gráficos, e en maior medida, a xente que está utilizando MagicBox na súa vida diaria. Invitámolo a unirse a esta comunidade e a axudar a darlle forma a MagicBox nun sistema operativo que satisfaga mellor as súas necesidades.
Para descubrir como participar, ¡visite a páxina de colaboración da comunidade de MagicBox!